ConcellosÚltima hora

Verín creará un rexistro municipal para facilitar a acollida de persoas refuxiadas

Anunciábase no pleno que a Corporación de Verín celebraba na mañá do 7 de setembro
Imaxe da sesión plenaria celebrada na mañá do 7 de setembro en Verín.
Imaxe da sesión plenaria celebrada na mañá do 7 de setembro en Verín.

A vontade do Concello de Verín de cooperar e de acoller temporalmente a persoas refuxiadas seralle comunicada dende esta administración local aos gobernos central e galego. Para tal fin Verín establecerá un rexistro municipal no que as familias deste concello poderán anotarse para acoller temporalmente refuxiados, “servindo a institución municipal de intermediaria”. Así se acordaba no pleno que a Corporación de Verín celebraba na mañá do 7 de setembro.

Nesta sesión, que foi presidida polo tenente de alcalde, Diego Lourenzo, en ausencia do rexidor; sometíase a votación a elección dos festivos locais do vindeiro ano 2016. O pleno acordaba, tamén por unanimidade, fixar como festivos en Verín o 10 de febreiro (Mércores de Cinza) e o 8 de setembro (Virxe dos Remedios). A orde do día incluía asemade outros puntos como a aprobación da acta da sesión anterior e a dación de conta dos decretos da alcaldía e das concellerás.

Artigos relacionados

Back to top button