CulturaCulturaÚltima hora

Verín e Tui únense a través dos seus festivais cinematográficos

Na sexta xornada do FIC Vía XIV proxectábase no auditorio verinés unha escolma de curtas programadas en edicións anteriores do Festival de Cine Play-Doc

Entrada da sesión de curtas do Play-Doc de Tui no Festival Internacional de Curtas de Verín./ Foto: FIC.

 

Neste 10 de setembro, sexta xornada do V Festival Internacional de Curtas (FIC) Vía XIV de Verín, rendíase tributo ao Play-Doc de Tui. O público verinés desfrutaba no auditorio dunha escolma de curtas de creadores galegos e internacionais programadas en edición anteriores do festival tudense, con “diferentes tendencias e narrativas cinematográficas, que van dende o relato autobiográfico ao cine experimental, pasando polo retraso ou propostas de corte máis etnográfico”, indicaba o director deste certame, Ángel Sánchez, durante a súa conexión por streaming co FIC de Verín.

Deste xeito o FIC pon en valor “o excelente traballo que realizan os nosos colegas”, en palabras do seu director, Carlos Montero. Ademáis, resalta “a importancia desta iniciativa”, para achegar esforzos cos diferentes certámenes cinematográficos galegos.

A vindeira edición do Play-Doc, festival convidado no FIC nesta edición, celebrarase na localidade pontevedresa do 23 ao 27 de setembro, tomando o relevo do RIR de Allariz.

Play-Doc, un modelo de festival singular

Ao longo das súas 15 edicións, Play-Doc consolidouse como un referente, logrando manter un modelo de festival singular, cunha programación rigorosa e un público extremadamente variado.

Este espazo cultural ten contado coa presenza de novos creadores, pero tamén de lendas como Albert Maysles, Bruce Weber ou Artavazd Pelesjan, ademais de con cineastas de culto como Charles Burnett ou Peter Emanuel Goldman.

Artigos relacionados

Back to top button