En portadaÚltima hora

Verín, escenario da miniserie luso-galega “Vidago Palace”

Trátase da primeira coprodución entre a RPT e a Televisión de Galicia
A miniserie foi presentada no hotel portugués que dá nome á mesma.
A miniserie foi presentada no hotel portugués que dá nome á mesma.

Verín será escenario da nova miniserie romántica luso-galega “Vidago Palace”, unha coprodución entre a RPT e a Televisión de Galicia que era presentada na mañá do 24 de outubro ante os medios. A emisión da mesma está prevista nas dúas canles e os seus dereitos de transmisión foron preadquiridos por televisións internacionais como a Radiotelevisión Italiana (RAI) e a Televisión de Polonia (TVP). A presentación tivo lugar no mesmo hotel portugués que dá nome á miniserie.

No acto participaron persoeiros como Henrique Oliveira, autor e realizador da serie, Alfonso Blanco, representante da produtora galega Portocabo, diversos directores da TVG, así como o director de Agadic, Jacobo Sutil, o director de Programas da RPT, Joao Deusdado, o director xeral do hotel, Jorge de Almeida, o tenente de alcalde de Verín, Diego Lourenzo, o secretario técnico da AECT Chaves-Verín, Pablo Rivera e Rui Manuel Branco, presidente da fraguesía de Vidago.

A serie estará ambientada no contexto histórico de 1936 e neste marco discorrerá unha historia de amor prohibido entre Carlota, filla dos condes de Vimeiro e noiva de César, e Pedro, empregado do hotel.

Artigos relacionados

Back to top button