ConcellosÚltima hora

Verín estrea un roteiro medioambiental e patrimonial con alternativas de ocio

Conta con quince novas rutas para veciños e visitantes

Verín estrea un roteiro con 15 novas rutas de carácter medioambiental e patrimonial, o cal queda a disposición dende hoxe, 7 de agosto, para todos os visitantes da Praza García Barbón, mediante un mural xigante. Nelas pódese acceder, mediante a lectura en código QR, ás direccións web onde están aloxados os roteiros con trazado GPS e cunha pormenorizada descrición.

 

Durante a colocación do mural.

 

Do mesmo xeito, o mural (que representa a presa de Peláez ou de Miñambres, no decurso do Támega) contén toda a información necesaria para chegar vía GPS ata o punto de inicio e para seguir a ruta, así como a descrición e guía detalladas de cada visita, para realizar en grupos ou individualmente mediante os trazados dispoñibles no smartphone.

Estas rutas, que están deseñadas para todos os públicos, cobren noa parte da oferta patrimonial e cultural do Val de Monterrei. Así, os contidos son: Un paseo pola Pousa, Tamagos, o castro dos tamagani, Curral de Castrelo do Val e o castro da Cabanca, Románico de Infesta e a aldea deserta de Paradiña, a ermida románica de Santo Antón e Ábedes, Vilamaior do Val e a ermida de Os Remedios, Ruta do gourmet da auga, entre o balneario e a aldea de Cabreiroá, Ruta do bufo do Pozo do Demo, a Vía XIV entre a Pousa, Mixós e o Támega, Oimbra, a vila dos tres pazos e tres capelas, Pazos, un labirinto medieval entre viñas, Vilaza, de castrexos, romanos e templarios, Monterrei polos camiños reais, e Verín e San Lázaro, un paseo por pedras centenarias.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button