ConcellosSen categorizarÚltima hora

Verín forma a máis dunha trintena de persoas para as probas da ESO

A preparación de cara o exame de maio xa comezou con máis de trinta persoas.
A preparación de cara o exame de maio xa comezou con máis de trinta persoas.

Un total de trinta e catro persoas participan estes días na acción formativa que está a desenvolver o Concello de Verín de cara á obtención do Graduado en ESO. Esta preparación está organizada a través da Escola de Familia municipal, e está enfocada á superación das probas libres que se celebran o vindeiro 27 de maio e o 8 de setembro.

O programa formativo aínda conserva prazas para a preparación do exame de setembro, co cal as persoas interesadas en inscribirse nel poderán facelo do 1 ao 8 do mes de xullo no servizo de Educación Familiar. Tamén o poden facer a través do enderezo electrónico educadorafamiliar@verin.net ou no teléfono 988 414 776. En outro caso, tamén se pode acudir persoalmente ao edificio municipal do Lavadoiro ou no teléfono 988 411 468.

Esta actividade atópase enmarcada dentro da iniciativa Escola de Familia Municipal, posta en funcionamento polo departamento de Servizos Sociais do Concello de Verín.

Artigos relacionados

Back to top button