OurenseÚltima hora

Verín gana o concurso “O meu entroido é o mellor!” de Gadis

Este primeiro premio está dotado con 30.000 euros

 

O concurso “O meu entroido é o mellor!” de Supermercados Gadis xa ten ganador: o Concello de Verín. O seu premio ascende a 30.000 euros e será empregado en mellorar esta festa. Esta festa vívese con moita intensidade nas rúas desta localidade ourensá, que cada ano atrae a miles de visitantes durante a súa celebración.

O concello de Foz e o de Xinzo de Limia quedaron en segundo e terceiro lugar, respectivamente. Cada un deles recibirá 5.000 euros, que tamén serán empregados na celebración dos entroidos do ano que vén.

Dende Gadis felicítase aos gañadores de “O meu entroido é o mellor!” e anímase aos seus clientes a desfrutar dunha experiencia inesquecible nestes municipios o próximo mes de marzo, nos que as comparsas e os disfraces encherán as rúas de cor e de música.

O obxectivo deste concurso, no que participaron municipios das catro provincias galegas, era “poñer en valor a singularidade dunha das manifestacións culturais e festivas máis tradicionais e arraigadas nesta comunidade, que sirve de atracción turística para milleiros de visitantes nacionais e internacionais, contribuíndo a un maior coñecemento máis alá das nosas fronteiras. E tamén para promocionar a gastronomía galega cos productos típicos do Entroido, como o tradicional cocido desta terra, coas súas patacas, grelos, repolos, garavanzos e a mellor carne de porco, así como as filloas, orellas e rosquillas”, segundo Gadis.

Supermercados Gadis agradece aos miles de clientes que participaron nesta novidosa promoción a través da web www.gadis.es/entroido, onde se podía votar de forma online. Unha acta notarial do 11 de decembro recolle o resultado dos votos:

  • Concello de Verín: 13.993
  • Concello de Foz: 11.587
  • Concello de Xinzo de Limia: 468

 

 

Artigos relacionados

Back to top button