ConcellosÚltima hora

Verín inicia o cine de primavera co filme “O noso último verán en Escocia”

A programación local do circuíto Cinemas de Galicia complétase coa proxección de “Phoenix”
A primeira cinta emítese o 25 de abril.
A primeira cinta emítese o 25 de abril.

O Concello de Verín abre a programación de primavera de Cinemas de Galicia o vindeiro día 25 coa proxección do filme “O noso último verán en Escocia”. A actividade ofrecerá na Casa da Cultura dous pases, ás 18.30 e ás 20.30 horas, e emitirase en versión dobrada ao galego. O calendario desta edición complétase o día 2 de maio coa cinta “Phoenix”, que terá os mesmos horarios.

As películas que se emiten a través de Cinemas de Galicia teñen un prezo de tres euros, pois os custes de proxección están subvencionadas en parte pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e polo propio concello. Nos meses de outubro e novembro está tamén prevista unha programación especial que incluirá catro cintas, dúas delas para público infantil: “Noche ¿de Paz?”, “Maimiño e o espello máximo”, “Lobos sucios” e “O raio”.

O circuíto de exhibición cinematográfica Cinemas de Galicia enmárcase dentro do convenio asinado polo Concello de Verín coa Agadic co obxectivo de facilitarlle ao público local a oportunidade de gozar en pantalla grande dunha escolma de filmes que non son doados de atopar nos circuítos comerciais.

Artigos relacionados

Back to top button