ConcellosÚltima hora

Verín-Monterrei, unha comarca para percorrer en bici

O PCT Portas de Galicia presenta trece novas rutas cicloturísticas
Participantes no acto de presentación das novas rutas.
Participantes no acto de presentación das novas rutas.

Percorren todos os municipios da comarca de Verín-Monterrei, pero cada unha delas cunha temática e características específicas. Están pensadas para todas as idades e condicións físicas e contan cunha sinalización clara e cun trazado circular que permite chegar ao mesmo punto de partida. Así son as trece novas rutas cicloturísticas presentaba na mañá do 5 de novembro o
Plan de Competitividade (PCT) Portas de Galicia en Verín.

O obxectivo: “percorrer as dúas comarcas, unha a través de rutas BTT e outra a través de cicloturísticas (bicicleta e a pé), e unir o xeodestino Verín-Viana nunha rede de rutas con máis de 500 quilómetros sinalizados”, segundo se indicaba na presentación que corría a cargo de Antonio Augarón Turrientes, delegado de Turismo da Xunta en Ourense, Juan Manuel Jiménez Morán, alcalde de Verín e presidente da comisión de seguimento do PCT Puertas de Galicia, e Ignacio Fernández Dosil, xerente do PCT Puertas de Galicia. Tamén acudían os alcaldes dos concellos que forman parte do PCT e o xerente do Inorde.

Esta listaxe de trece rutas inclúe as dos Cañóns da Armada (27,9 quilómetros), Volta a Laza (6 quilómetros), Balcóns do Támega (46,5 quilómetros), Ruta Termal e da Auga (18,6 quilómetros), Vertixinosa volta ao Pozo do Demo (22,7 quilómetros), A ruta das viñas (12,3 quilómetros), O gran silencio do contrabando (25,8 quilómetros), Volta a Oímbra (6,3 quilómetros), As cores do viño. Ruta dos lagares (36,3 quilómetros), O país dos castros (39,3 quilómetros) e Corazón de pedra do Señor do Larouco (32,4 quilómetros).

Ademais fíxose unha ruta de enlace co punto de información do centro BTT en Riós (que comeza na de O gran silencio do contrabando e conclúe neste centro de bicicletas de montaña).

Estes itinerarios poden consultarse tanto na web www.rutascicloturisticasverin-monterrei.com (onde se poderán descargar os tracks das mesmas), como nos 10.000 folletos editados sobre as mesmas (atópanse nos edificios públicos dos diferentes municipios).

O centro BTT Portas de Galicia dispón dun total de 244 quilómetros de percorrido, divididos en doce rutas sinalizadas, nove circulares e tres de conexión entre elas: Carballeiras, Os Castros, Encoro do Vao, As Telleiras (estas destinadas a afeccionados, familias os grupos de amigos), Valmedo, Riós-Barxa, Pena Maseira, Tres Reinos, A Gudiña-Entrecinsa, Val do Río Conso, Vilariño de Conso-Viana do Bolo e A Escrita (para os máis expertos).

Artigos relacionados

Back to top button