CulturaCulturaÚltima hora

Verín organiza un concerto solidario en favor de cáritas o próximo 6 de maio

 

cartel do concerto.

O sábado, 6 de maio ás 17:00 horas, terá lugar o Concerto de Música Solidaria a favor de Cáritas de Verín na Igrexa Parroquial de Santa María Maior desta localidade.

Este acto, organizado polo Conservatorio Elemental de Música de Verín, coa colaboración da Fundación Caja Rural de Zamora e o Concello de Verín, ten como obxectivo recadar fondos en favor de Cáritas de Verín, a través da adquisición dunha entrada para acceder a este concerto cun prezo simbólico dun euro (que se pode adquirir na propia Igrexa Parroquial dende as 16:30 horas da mesma xornada ou previamente nas igrexas Parroquial e da Mercé e en mesas situadas nas rúas da localidade); nas que tamén se aceptan donativos para esta organización de acción caritativa e social da Igrexa católica.

Durante o concerto, os músicos participantes interpretarán temas populares clásicos como Invención en Re menor, BWV 775, Spring Song, Ondas do Danubio, Barcarolle, Op. 37, nº 6, Concerto en La menor, Op. 3, nº 6 ( Allegro ), A So Little Pretty Bitch, Concerto de Aranjuez (Adagio), Concerto La menor, BWV 1041 ( Allegro Assai ), Fisterra, A saia da Carolina, Nino Bravo en Concerto, Lijiang River Landscape ( canción popular china ). Todos eles pertencentes a autores como P. I. Tchaikovsky, W. A. Mozart, A. Vivaldi, Jean-Marc Allerme, Joaquín Rodrigo A. Wang ou Joey Tempest, entre outros.

Artigos relacionados

Back to top button