ConcellosEn Portada EntroidoÚltima hora

Verín prepárase para a gran “Noite de Comadres”

 

Verín está xa metido de cheo no Entroido. Coma sempre, eran os “compadres” os que daban o pistoletazo de saída na medianoite do 13 de febreiro cando, ataviados cos seus chapeus, bigotes e gabardinas, percorrían as céntricas rúas da vila ao son das charangas e gaitas ata a praza Maior onde, entre o estrondo dos petardos, celebran o xuízo e a queima do Maragato. A segunda cita importante no programa foi o Domingo de Corredoiro coa popular concentración de cigarróns na praza do Concello e a lectura do pregón.

E así chegamos ao Xoves de Comadres (20 de febreiro). Esta mañá, máis de 1.500 menores, profesores e acompañantes percorrían as rúas máis céntricas de Verín no desfile infantil (imaxes da galería); e pola noite, mandan as mulleres.

 

Miles de persoas asisten á noite de Comadres en Verín. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

Tras as tradicionais ceas das comadres nos restaurantes da vila, amenizadas polas charangas Los Támega, Jalácticas, Mil9, Europa, Noroeste e Nova Terras de Trives, as mulleres dirixiranse á Casa de Escudo, no barrio de San Lázaro, onde, sobre as 00:30h. partirá a procesión. En San Lázaro, a Raíña recibirá á comitiva encabezada por Don Carnal que descenderá polo camiño Real e dirixiranse á praza Maior coa música das discomóbiles Enjoy e Gramola. Alí tralo saúdo entre Don Carnal e a Raíña continuará o baile coa Orquestra La Oca.

Fotos: Concello de Verín

Artigos relacionados

Back to top button