ConcellosÚltima hora

Verín presenta o cartel do seu “Entroido 2017”

A obra ganadora do concurso convocado polo Concello títulase “Enxebre” e foi realizada por María Sheila Herrero

“Enxebre” é o título do cartel que vén de ganar o concurso convocado polo Concello de Verín para elixir a imaxe oficial do seu Entroido 2017, segundo a acta levantada o 20 de decembro na Casa da Cultura de Verín.

A obra escollida tivo en conta o ditame do xurado que, “por terse producido un empate, usou o voto popular para desempatar e elexir ao cartel ganador”, segundo o Concello. A súa autora é María Sheila Herrero (na foto coa concelleira de Cultura, Emilia Somoza)

A acta, asinada por todos os mebros do xurado, está a dispor do público na Casa Consistorial.

Foto: Concello de Verín.

Artigos relacionados

Back to top button