EconomíaEconomíaÚltima hora

Verín recupera as feiras co 50% dos postos habituais

 

Mañá xoves Verín recuperará as súas feiras ordinarias. Dende o Concello permitirase a instalación do 50% dos postos habituais autorizados. “Este control de aforo realízase en estrito cumprimento da normativa que se encontra vixente na actualidade na nosa comunidade autónoma, correspondente ao nivel 2 de alarma decretado pola consellería de Sanidade da Xunta de Galicia”, tal e como se informa dende esta administración local.

Así, co obxectivo de garantir as medidas sanitarias de seguridade e separación pola Covid-19, os postos estarán separados por unha distancia de 6 metros, o que facilitará aos usuarios do mercado respectar a distancia mínima de separación de 2 metros entre cada persoa.

 

 

“Do mesmo xeito, dentro dun mesmo espazo de venda as persoas responsables do mesmo deberán gardar entre si unha distancia mínima de 2 metros, quedando restrinxida a actividade comercial a un único operador no caso de que as medidas do posto non fagan posible esta separación física. Será indispensable o uso de luvas para tocar os produtos en venta”, indica o Concello de Verín.

A Policía Local será a responsable de vixiar que se respecte a distancia mínima persoal, evitando calquera contacto social que non teña por obxecto a compravenda. Tamén serán os encargados de regular o acceso ao mercado para evitar as aglomeracións.

Fotos: Concello de Verín.

Artigos relacionados

Back to top button