OurenseÚltima hora

Verín reforza os servizos de limpeza nas rúas contra o coronavirus

 

Desde a entrada en vigor da alerta sanitaria polo coronavirus, o Concello Verín leva a cabo unha campaña “intensiva de limpeza e desinfección diaria das súas rúas, dando prioridade ás zonas máis sensibles e con maior tránsito para evitar a propagación do coronavirus Covid-19”, tal e como sinala esta administración local.

Este plan especial de limpeza, implementado pola Comisión de Seguimento do Covid-19 do Concello de Verín, está a ser executado polos operarios municipais, encargados de limpar e desinfectar as rúas. “Preténdese co mesmo minimizar o dano que poida ocasionar a presenza do virus na vía pública”, di o Concello.

Neste plan de limpeza tamén participa a empresa DDDverín Control de Pragas que realiza un “servizo específico encargado de desinfectar periodicamente con mochilas pulverizadoras os edificios municipais, as residencias de maiores, o Hospital, o Centro de Saúde, os supermercados, as farmacias e os bancos”, matiza o Concello de Verín.

Fotos: Concello de Verín.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button