EconomíaEconomíaÚltima hora

Verín retomará o 11 de maio os mercados ao aire libre de produtos agrícolas e de alimentación

 

O parque da Alameda será escenario do primeiro mercado ao aire libre en Verín desde a entrada en vigor do actual estado de alarma. De acordo coa normativa exposta pola consellería do Medio Rural, o mercado será só de produtos agrícolas e de alimentación, segundo adianta o Concello.

Os postos estarán separados por unha distancia de 6 metros, o que facilitará aos usuarios do mercado respectar a distancia mínima de separación de 2 metros entre cada persoa, confirma o alcalde verinés Gerardo Seoane.

Do mesmo xeito, dentro dun mesmo posto as persoas vendedoras deberán gardar entre si unha distancia mínima de 2 metros, quedando restrinxida a actividade comercial a un único operador no caso de que as medidas do posto non fagan posible esta separación física. Será indispensable o uso de luvas para tocar os produtos en venta.

A Policía Local será a responsable de vixiar que se respecte a distancia mínima persoal, evitando calquera contacto social que non teña por obxecto a compravenda. Tamén serán os encargados de regular o acceso ao mercado para evitar as aglomeracións.

 

Artigos relacionados

Back to top button