CulturaCulturaEn portadaÚltima hora

Verino destaca o papel da moda como linguaxe propia nunha mostra de 40 fotografías emblemáticas, en Verín

Poderá visitarse do 30 de xuño ao 30 de agosto na sala de exposicións da Casa da Cultura

Publicidade

 

Catro décadas de moda de Roberto Verino da man dos e das mellores top models como Christy Turlington, Olatz, Helena Christensen entre outros e fotógrafos como Eloy Lozano, Javier Vallhonrat, Jacques Olivar ou Paco Navarro. Do 30 de xuño ao 30 de agosto a sala de exposicións da Casa da Cultura de Verín acollerá a mostra “40 anos de Estilo Verino”, unha retrospectiva do traballo deste deseñador verinés.

“Esta exposición é moito máis que unha compilación de fotografías dos mellores fotógrafos de moda. É unha forma de expresión propia coa que recordamos que noso estilo perdura a través dos anos. Unha muller ou home Verino pode ter unha prenda no seu armario de hai 20 anos e ser perfectamente actual no día de hoxe”, sinala Verino.

A súa inauguración oficial tiña lugar este mediodía e contaba coa presenza do alcalde de Verín, Gerardo Seoane Fidalgo, o presidente da Deputación de Ourense Xosé Manuel Baltar; Rosario Rodríguez, segunda tenente alcalde de Verín; Emilia Somoza, concelleira de Educación, Cultura e Festexos; Cándida Couñago, concelleira de Tráfico, Seguridade Cidadá e Protección Civil e Purificación Caldelas, concelleira de Desenvolvemento Rural e Medio Ambiente; todos os alcaldes da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín e a xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez.

 

Roberto Verino, intervindo no acto inaugural da mostra.

 

Esta retrospectiva reúne 40 fotografías, unha por cada ano da marca, na que se pode ver a evolución da propia da enseña e na que o fío conductor é un estilo propio e inconfundible que se percibe nas instantáneas. “Se nos percatamos no que nos aporta esta selección de fotos, podemos ver unha linguaxe propia que vai no noso ADN. Un código de elegancia, sen estridencias, con selo para todos aqueles que desexan estar ben consigo mesmos”, aporta o deseñador verinés. “Para nós, a moda pode axudarnos a ser máis equilibrados, a estar máis contentos e seguros e isto é un pilar que temos que ter en conta cando mercamos unha prenda”, asegurou durante a presentación.

“Eu sempre insisto no concepto da importancia de ter un bo armario emocional, con prendas que resolven o teu día a día e, que ademáis, recordan bos momentos, falan da túa familia, da túa historia e de ti mesmo. Un armario desas características sempre dirá moito máis do que o defenda, aportará un estilo propio e inconfundible a todo aquel que aposte por esta forma de moda que perdura con verdadeiro propósito”, indica Verino.

 

 

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, valoraba no acto inaugural o traballo de Roberto Verino ao longo destes anos, destacando os seus vencellos con Verín. “Demostraches que é posible. Témoste acompañado, lideráchesnos, seguímoste, e sen dúbida este é un momento único para presumir, para crer na palabra ‘orgullo’ e neste territorio, esta provincia da que formamos parte, feita a base de tesón e de compromiso pola historia e polas súas xentes, con traballo, coa emigración, somos unha provincia emigrante, pero sobre todo coa creatividade”.

A exposición comeza na súa vila natal e percorrerá 10-12 cidades ao longo do noso país neste 2022 e 2023 entre as que están: Sevilla, Oviedo, Santander, Madrid, Santiago de Compostela e Bilbao entre outras.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button