ConcellosÚltima hora

Verquido no río Mariñán en Veigamuíños (O Barco)

Axentes do Seprona recolleron mostras para investigar a súa procedencia

Verquidos onte no río Mariñán.

 

Os veciños de Veigamuíños (O Barco) alertaban este 6 de outubro dun verquido nas augas do río Mariñán. A auga baixaba tinguida dunha gris-branca, con escuma e con mal olor. Avisaban ao 112 e mobilizábase ao GES Valdeorras, a Policía Local e á Garda Civil, sendo os axentes do Servizo de Protección da Natureza (Seprona) os encargados de recoller mostras para investigar a procedencia dos vertidos que onte enturbiaron as augas do ro regato.

Tal como comentan os veciños, o verquido mantíñase durante unhas cinco horas e despois desaparecía.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button