CulturaCulturaÚltima hora

Versos de Rosalía de Castro recitados polos máis pequenos no Día do Libro

Trátase dunha iniciativa promovida pola Fundación Dentalnova a través das redes sociais

 

Cos máis pequenos da casa celebra o Día do Libro a Fundación Dentalnova cunha peza audiovisual homenaxe a Rosalía de Castro. Nela un grupo de nenos e nenas recitan diferentes versos da poetisa e novelista galega. Este vídeo, que se publica este 23 de abril, ás 9 horas, coincidindo coa celebración do Día do Libro, “converte aos seus participantes nos verdadeiros protagonistas dunha homenaxe non só á obra de Rosalia de Castro, senón a todas as obras que conforman o rico catálogo cultural da nosa comunidade”, tal e como indica a entidade.

O obxectivo desta campaña é o fomento da lectura a través dunha actividade capaz de involucrar a pais, fillos e amigos. “Unha comunidade é tan valiosa como o é a súa cultura. Desde a Fundación queremos achegar o noso gran de area para crear puntos de encontro, aínda que sexan virtuais, nos que podamos gozar xuntos de algo tan bonito como é oír aos nosos pequenos e pequenas recitando algúns dos versos máis famosos da nosa literatura”, di Sofía Xusto, secretaria da Fundación Dentalnova.

Así mesmo destaca que a idea da actividade é involucrar ao maior número posible de participantes. “Ademais das familias que colaboraron na gravación do vídeo, desde a Fundación Dentalnova confían en que os seus veciños e veciñas fáganse eco desta iniciativa a través das redes sociais”.

Imaxe: cedida.

Artigos relacionados

Back to top button