CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Versos e música electrónica na presentación de “Ninfopoética”, no Barco

A autora, Fátima N. Delgado, recitaba algúns dos seus pomeas no café teatro Bajo Cinco na tarde do 23 de decembro

Fai un tempo que Fátima N. Delgado, natural do Barco de Valdeorras, decidía “pechar os ollos e abrir a boca para berrar de dor, pracer, fame e angustia”, tal como ela mesma di. Foi entón cando “vomitou cada un dos seus anacos ata que se desfixo enteira, xogando coas palabras, espindo o seu corpo e parindo a súa alma de nómada, de feirante”.

Vive en Madrid dende hai unha década, onde mestura a súa vida poética coa de actriz e dramaturga, pero regresa a casa sempre que pode e desta volta, facíao cun novo traballo no peto. Un poemario que prestaba na tarde do 23 de decembro no café teatro Bajo Cinco.

Acompañada polo rítmico son da música electrónica e diante dun atento público, Fátima foi degranando parte dos segredos que agocha Ninfopoética, unha oda ao corpo, aos desexos e aos soños de xuventude. “Un libro que nos fai lembrar que todos nós precisamos rexuvenecer, no que a autora nos envolve con ardor e fainos sentir vivos”, en palabras do editor, Wladimir Vaz.

A presentación contaba asemade coa presenza da poeta ruesa, Asunción Arias.

Fotos: Mónica G. Bellver, expecto a penúltima da galería que é cedida.

Artigos relacionados

Back to top button