OurenseÚltima hora

Versos lorquianos e música de Granados na presentación en Ourense do documental “El amor y la muerte”

A proxección ía acompañada pola interpretación ao piano de Rosa Torres-Pardo dunha danza galega do compositor catalán e por tres poemas galegos de Lorca recitados pola actriz Lucía Álvarez
Lucía Álvarez, xunto a Rosa Torres-Pardo, ao piano, na presentación en Ourense do documental.

 

O Liceo de Ourense acollía na tarde do 31 de xullo a presentación do documental “El amor y la muerte. Historia de Enrique Granados”, promovido pola pianista Rosa Torres-Pardo, que asistía ao acto e complementábao dun xeito moi especial. Interpretaba ao piano unha peza inédita do compositor catalán, unha danza galega, mentres a actriz Lucía Álvarez, natural de Mouruás (San Xoán de Río) recitaba tres dos poemas galegos de Federico García Lorca.

Este é o segundo documental sobre un compositor español que promove Torres-Pardo, tras o de Antonio Soler. Ao longo dunha hora o filme aborda a traxectoria vital e a obra de Granados (Lérida, 1867-Canal da Mancha, 1916), cun tráxico destino unido, paradoxicamente, ao seu maior éxito, ao estrear en Nova York en 1916 “Goyescas”.

Fotos cedidas.

 

Outro dos momentos deste acto no Liceo de Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close