Pode verse xusto despois das escaleiras deste embarcadoiro, considerado o berce desta vila valdeorresa
Na mañá do 30 de abril os veciños do casco antigo do Barco atopábanse cunha imaxe nada positiva no Porto da Barca, un lugar considerado o berce desta localidade. Na parte inferior do mesmo, rozando xusto coas augas do río Sil hai unha vertedura de entullos: restos de ladrillo, pedra, etc.
Segundo contan os veciños, isto non é a primeira vez que sucede, xa que o pasado ano tamén se detectou outra vertedura similar da que aínda poden apreciarse restos na beira do río. Unha imaxe nada positiva para un lugar que debería ser mimado e posto en valor.