DeportesÚltima hora

Maceda acolle o VI Desafío Solidario de San Mamede o día 22

O prazo para inscricións prolóngase ata o día 15
Cartaz da proba deportiva que se desenvolverá no Castro de Maceda.
Cartaz da proba deportiva que se desenvolverá no Castro de Escuadro.

O Clube de Atletismo de Maceda, Vía XVIII, en colaboración con Cruz Roja de Maceda, pon en marcha a sexta edición do Desafío Solidario San Mamede, que discorrerá pola serra do municipio o vindeiro día 22 de maio. O prazo para inscribirse na primeira proba da copa galega está xa aberto e rematará o día 15.

As actividades transcorrerán polo entorno do Castro de Escuadro, en Maceda, e o 20% do que se recaude coas inscripción destinarse a colaborar co proxecto de prestacións a personas en situación de especial vulnerabilidade, da Cruz Roja.

Os presos da inscrición varían en función da actividade que se queira realizar. Deste xeito, para participar na andaina, será de 10 euros; para corredores federados, 15 euros e para os non federados, a proba terá un custe de 18 euros.

Na edición do pasado ano, Cruz Roja informa que cos más de 600 euros recadados se puido alimentar a nove familias pagando os seus recibos de suministros.

Artigos relacionados

Back to top button