EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

VI Quiroga de Tapas, un recital de sabores

Este roteiro gastronómico concluirá o vindeiro 14 de abril e nel poden degustarse ata 17 propostas gastronómicas diferentes nesta vila lucense

Dende propostas clásicas a outras innovadoras, pero todas suculentas. Por sexto ano consecutivo, o roteiro Quiroga de Tapas ponse en marcha nesta vila lucense co propósito de conquistar os padais. Nesta edición participan 17 locais de hostalaría con outras tantas tapas diferentes que o público pode degustar ao prezo de 1,5 euros cada unha.

Esta iniciativa poñíase en marcha o 6 de abril e continuará ata o 14 de abril, en horario de 12h. a 14:30h. e de 19h. a 22:30h. Nesta galería de fotos poden verse as tapas de Dimar (delicias de solombo con castañas e mel), así como as de Casa Torres (un guiño asiático), a Taberna (petisco da Taberna) e a do Ruxe Ruxe (sen florituras).

Ademais neste roteiro poden probarse as tapas de A Pedra (saquiños de filloas recheos de bechamel, espinacas, piñóns e crocante de panceta), Adega da María (o meu pensamento), Ferreiriño (torre do castelo con mousse de piquillo), As Palmeiras (Bikos), O Portón (revolto de pemento con galiña trufada), Chapakuña 3 (de toda a vida e para toda a vida), Bar Raposo (feixó recheo de grelos de Quiroga, queixo de Arzúa e polo da casa), O Roxo Vivo (blanqueta de carrilleiras con puré de castañas e verduriñas), O Recuncho do Dino (tartar vexetal con langostinos), Quiper (todo gustoso), Dakar (espetada Dakar), Lago (lombo de porco regado con salsa de cogomelos acompañado de patacas onduladas) e Félix (feitizo).

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button