EconomíaEconomíaÚltima hora

VI Xornadas de Carne de Boi, dende o 29 de setembro en Allariz

Unha vintena de hostaleiros prepararán pratos e pinchos en torno ao produto característico desta localidade, o boi
Cristina Álvarez, técnica de Promoción económica (esquerda) e Cristina Cid, concelleira de Promoción Económica, Comercio e Turismo (dereita).

Allariz celebra, do 29 de setembro ao 15 de outubro, as VI Xornadas de Carne de Boi de Allariz. Un total de 22 establecementos hostaleiros ofrecerán menús especiais con carne de boi de orixinario desta vila como ingrediente estrela e quince deles participarán no concurso de tapas de boi de Allariz.

En total, serán dúas semanas nas que os restaurantes e taperías da localidade dedicarán a súa cociña a este manxar. Dende menús a tapas, en forma de picaña, chuletón, hamburguesa ou brocheta, entre moitos outros, serviranse en Allariz a prezos que van dende os dous euros as tapas ata os 65 euros os pratos. 

A programación inclúe, tamén, cociña en vivo e degustacións de pratos elaborados con carne de boi de Allariz no Mercado da Reserva da Biosfera, os sábados 30 de setembro, 7 e 14 de outubro.

As xornadas están enmarcadas no proxecto “Allariz Sabe”, unha iniciativa que cumpre seis anos e que sitúan a Allariz como lugar de referencia gastronómico e turístico.

Artigos relacionados

Back to top button