Comezaba arredor das sete da tarde, despois da celebración da Paixón na igrexa de Veigamuíños
Despois da celebración da Paixón na igrexa de Santo Tirso en Veigamuíños (O Barco), comezaba nesta tarde de Venres Santo un longo Vía Crucis coa imaxe da Dolorosa, que concluirá na igrexa de San Miguel en Xagoaza. Este é un dos actos máis significativos da Semana Santa desta parroquia barquense.
Fotos: Carlos G. Hervella.