En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Vía Crucis de Venres Santo nas Ermitas

A saída dos pasos marcaba o inicio do tradicional Vía Crucis das Ermitas (O Bolo) na mañá do Venres Santo. Numerosas persoas, moitas das cales chegaban a pé ata este santuario mariano, participaban neste acto relixioso que comenzaba no mesmo adro, onde están situadas as primeiras estacións. Dende alí, e con paradas en cada unha das capelas do Vía Crucis, íase ascendendo ata completar o percorrido no cemiterio, onde está situada a estación da Resurrección.

Os actos relixiosos continuarán pola tarde nas Ermitas con celebracións como o desencravo, tamén no adro do santuario.

Fotos: Ángeles Rodríguez
Máis información na edición en papel de marzo do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button