ConcellosÚltima hora

Viana acolle a presentación dun documental sobre o despoboamento rodado neste concello e en Vilariño

Será o 4 de decembro no marco dunha xornada sobre agricultura e despoboamento na Casa da Cultura

Unha das imaxes do documental “Barbecho. En el corazón del despoblamiento”, que se proxectará en Viana.

 

A Casa da Cultura de Viana do Bolo acollerá a partir das 11:30h. do mércores 4 de decembro a xornada “Pode a agricultura frear o despoboamento?”. No seu decurso proxectarase o documental “Barbecho. En el corazón del despoblamiento”, realizado pola organización rural UPA e no que se dá voz ás persoas que resisten nas aldeas e reinvindícase o valor do agro e da gandería familiar.

Parte desta longametraxe foi realizada nos municipios de Viana do Bolo e de Vilariño de Conso.

 

Artigos relacionados

Back to top button