CulturaCulturaÚltima hora

Viana acollerá a presentación do libro “Trevinca desde dentro” o 7 de abril

 

A Casa da Cultura de Viana do Bolo será escenario o vindeiro 7 de abril a partir das 19h. do libro “Trevinca desde dentro” por parte do seu autor, Daniel Boyano Sotillo. Así se vén de informar dende o Concello de Viana, que tamén explica que esta obra achega unha “completa descrición das principais características xeolóxicas e paisaxísticas do Macizo de Trevinca; ademais dun percorrido polas distintas rutas para ascender ao cumio de Trevinca dende cada unha das súas vertentes gozando das súas paisaxes”.

Daniel Boyano Sotillo, xeógrafo ambiental e montañeiro, realizou o seu labor profesional en diferentes espazos naturais do planeta.

Artigos relacionados

Back to top button