CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Viana acollerá o 21 de novembro a estrea de 2 curtas pola igualdade realizadas por alumnado do concello

"Campioas na sombra" e "Os mundos de Yina" proxectaranse a partir das 20:30h. na Casa da Cultura da vila

 

O vindeiro xoves 21 de novembro ás 20:30h. terá lugar na Casa da Cultura a estrea oficial das curtametraxes “Campioas na sombra” e “Os mundos de Yina”, realizadas polo alumnado do Obradoiro de Cinema impartido o pasado verán entre a mocidade vianesa.

“A curtametraxe documental “Campioas na sombra” trata de recoñecer o papel da muller no deporte e poñer en valor os logros das mulleres deportistas, tan invisibilizadas na sociedade. Por outra banda, a curta “Os mundos de Yina”, narra a historia dunha adolescente que se afasta dos estereotipos e roles de xénero que a sociedade lle marca con todos os problemas que isto lle acarrea”, tal e como adiantan dende o Concello de Viana do Bolo.

Durante o acto de estrea “trataremos de homeaxear, cunha entrega de premios, a estes/as novos/as creadores/as que co seu traballo e esforzo dan mostras do seu compromiso e “loita” para lograr a igualdade de xénero”, indican tamén dende o Concello.

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close