ConcellosÚltima horaViana do Bolo

Viana asina o documento de cesión para a construción dun Centro de Día

 

O alcalde de Viana do Bolo, Abelardo Carballo, en representación do Concello, asinaba esta mañá o documento de aceptación da cesión por parte do Bispado de Astorga, dun solar para a próxima construcción dun Centro de Día, “unha cesión feita de maneira totalmente altruista e que vai redundar en beneficio de toda a veciñanza”, tal e como se indica dende o Concello.

Ademais dende esta administración local sinálase que “agradecemos ao Bispado de Astorga esta cesión que significa o primeiro paso para poder ofrecer, nun futuro próximo, unha maior atención aos nosos maiores”.

Así mesmo, o Concello de Viana do Bolo agradece e resalta “o importante traballo levado a cabo polo noso párroco, Ignacio Lindoso, e a súa implicación e tesón ata conquerir este obxectivo, amosando así o gran agarimo que sinte por Viana e polos vianeses, cumprindo tamén unha inquietude que tiña dende hai tempo”.

Artigos relacionados

Back to top button