CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

Viana baila ao ritmo de Alberto Comesaña

O artista vigués actuaba coa banda La Edad de Oro del Pop Español na noite do 14 de agosto na praza Maior da vila

Cun repaso por algúns dos éxitos de Amistades Peligrosas principiaba o concerto que La Edad de Oro del Pop Español ofrecía na noite do 14 de agosto nunha praza Maior de Viana chea de público e en festas patronais. Interpretábaos Alberto Comesaña acompañado por Chus Herranz.

O espectáculo, que facía un repaso por cancións de referencia española de décadas anteriores, contaba tamén coas voces de Pablo Pérez e Joaquín Padilla. Soaban temas tan como “Hijo de la Luna” de Mecano, “El límite del bien” de La Frontera ou “Carolina” de M-Clan, entre outros, coreados e bailados polo numeroso público.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Máis información e fotos:
https://osil.info/a-festa-dos-oitenta-en-viana-do-bolo/

Artigos relacionados

Back to top button