ConcellosÚltima horaViana do Bolo

Viana baixa a situación de alerta amarela no mapa epidemiolóxico do Sergas

O municipio rexistra un total de 22 casos activos de Covid, segundo confirma o Concello

Fonte: Consellería de Sanidade.

 

Tan só un día despois de que Viana do Bolo se situase en nivel de alerta 3 (vermello) no mapa epidemiolóxico do Covid que elabora a Consellería de Sanidade, este municipio regresa a nivel 1 (amarelo) neste venres 30 de outubro.

Este mapa do Sergas actualízase tendo en conta os novos casos de coronavirus confirmados por probas PCR nos últimos 7 días nos municipios da comunidade. Así, Viana sitúase agora entre os 7 e 14 casos de casos novos de Covid na citada franxa temporal.

Tamén neste venres, o Concello de Viana do Bolo vén de emitir un bando no que se confirma un total de 22 casos de Covid no municipio e no que tamén se indica que a situación na Residencia de Maiores de Viana “está estibilizada”.

Aínda así, o alcalde vianés, Abelardo Carballo, prega aos veciños que se “manteñan celosamente as medidas que esixen as autoridades sanitarias de hixiene persoal ecolectiva e o mantemento da debida separación entre as persoas. Igualmente prégase que se limiten ao máximo as reunións familiares e que non se realicen reunións sociais. Do mesmo xeito, recórdase unha vez máis ó c

Artigos relacionados

Back to top button