CulturaCulturaÚltima hora

Viana do Bolo abre o programa das Letras Galegas con Carlos Blanco

O monologuista Carlos Blanco, durante unha actuación./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Cunha actuación do actor e monologuista Carlos Blanco encetará Viana do Bolo o programa das Letras Galegas. A actuación está prevista para o domingo 14 de maio na Casa da Cultura de Viana do Bolo.

Por expreso desexo do artista, para acceder á actuación haberá unha entrada-donativo de 2 euros e o recadado será doado á ONG Sogapas, Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, segundo se informa dende o Concello de Viana do Bolo.

Artigos relacionados

Back to top button