CulturaCulturaÚltima hora

Viana do Bolo presenta o cartel do Entroido 2018

A imaxe ganadora do concurso do cartel de Entroido é “A todo pasto”, obra do recoñecido artista vianés “Piquico”
A concelleira de Cultura e o alcalde de Viana do Bolo, xunto a Piquico, sostendo a imaxe do cartel do Entroido 2018 neste concello./ Foto cedida.

Tras a IV Mascarada Ibérica, Viana do Bolo quenta motores para a celebración da festa máis importante deste municipio do oriente ourensán: o Entroido. Na mañá do 15 de xaneiro tiña lugar no Concello a presentación da imaxe que ilustrará este ano esta celebración ancestral. O cartel, con fondo negro, resalta a figura do Boteiro, cun singular xogo de cores, nun dos seus característicos saltos apoiándose sobre a monca.

Desta volta, a obra ganadora do certame de carteis convocado polo Concello é “A todo pasto” da autoría de Ángel Manuel Rodríguez Romero “Piquico”, un recoñecido artista vianés. Piquico estaba acompañado na presentación do cartel polo alcalde de Viana do Bolo, Secundino Fernández, e pola concelleira de Cultura, Graciela Diéguez.

Artigos relacionados

Back to top button