En portadaÚltima hora

Viana do Bolo proxecta restaurar o foxo do lobo de Ardexaxe

Trátase dunha monumental e antiga trampa que aínda conserva boa parte da súa factura orixinal
Restos do conxunto do foxo de Ardexaxe, no concello de Viana do Bolo./ Foto: Carlos G. Hervella.

Entre a vexetación e con algunhas das súas numerosas pedras deitadas no solo, resiste o paso do tempo o foxo de lobo de Ardexaxe (Viana do Bolo). Aínda así, os elementos que se conservan del revelan a súa factura orixinal e a súa monumentalidade. Esta é unha das antigas trampas de lobo que todavía poden admirarse na provincia de Ourense.

Agora, dende o Concello de Viana do Bolo preténdese recuperar esta singular mostra de patrimonio etnográfico. A idea, segundo adianta o tenente de alcalde e concelleiro de Medio Rural, Santiago Barja, é preparar un proxecto de restauración deste foxo e tamén trazar unha ruta de sendeirismo para chegar ata o alto do outeiro onde se atopa co fin de que tanto veciños como visitantes podan coñecelo. Xa se están dando os primeiros pasos neste senso.

Artigos relacionados

Back to top button