ConcellosÚltima horaViana do Bolo

Viana celebrará o 8 de marzo con cine, un mural colaborativo ou obradoiros, entre outros actos

 

Obradoiros, unha ruta, cinema ou campañas como “Eu hoxe colgo o mandil” forman parte do programa que Viana do Bolo ten deseñado para conmemorar o Día Internacional da Muller, o vindeiro 8 de marzo. Deste xeito, o Concello de Viana “renova o seu compromiso e esforzo á hora de apoiar medidas que promovan, por un lado, a igualdade real entre homes e mulleres e, polo outro, a eliminación da violencia machista en todas as súas formas e manifestacións”.

Os actos programados veñen tamén condicionados pola situación sanitaria actual. “Este ano, e debido ás limitacións propias destes tempos complicados que estamos a vivir, as actividades propostas están pensadas tendo en conta as normativas e restricións vixentes, pero sempre coa mesma ilusión e finalidade: implicar a toda a veciñanza vianesa para acadar unha igualdade real”.

 

Artigos relacionados

Back to top button