ConcellosÚltima hora

Viana conmemorará o 25N cun amplo programa de actividades

Desenvolverase do 7 ao 25 de novembro, unha xornada na que terá lugar unha concentración no Concello

 

Con motivo da conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a muller, o Concello de Viana do Bolo, a través do seu Centro de Información ás Mulleres (CIM), ten previsto realizar unha serie de actos e actividades de promoción da igualdade e prevención da violencia dirixidos a toda a veciñanza vianesa.

O seu programa, titulado “Viana en negro”, presentábase este venres 8 de novembro no Concello nun acto que contaba coa presenza do alcalde de Viana, Secundino Fernández, da concelleira de Igualdade, Natalia Estévez, e da directora do CIM, Sara Feijoo.

Entre os actos previstos figuran obradoiros, unha andaina, cinema e a estrea de varias curtametraxes realizadas polo alumnado de Viana.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button