OurenseÚltima hora

Viana contará cun parque multiaventura para todas as idades na Semana Santa

Estará instalado entre o 18 e o 21 de abril no pavillón polideportivo e contará con rocódromo, touro mecánico, simuladores e inchables

Durante os días festivos (de xoves a domingo, 18-21 de abril) da Semana Santa instalarase no pavillón de deportes de Viana do Bolo un parque de aventuras que incluirá un rocódromo, touro mecánico, simuladores e inchables para todos os públicos, dende cativos/as ata adultos, tal e como se informa dende o Concello.

Ademais durante estas datas seguirá aberta ao público (en horario de tarde os festivos e en horario de mañá e tarde os días laborables) a exposición “Douche a Galbana, dende o Pico das Bouzas” da vianesa Nieves Fernández Vidueira. A mostra, que está montada na sala de exposicións do Concello, recolle a unha orixinal colección de traxes elaborada por esta artista con materiais obtidos da natureza (flores, musgo, madeira, follas, etc.).

Artigos relacionados

Back to top button