DeportesFútbolÚltima hora

Viana do Bolo acollerá en agosto un dos catro campus de verán do Atlético de Madrid en Galicia

Está dirixido a nenos e nenas de 5 a 16 anos e desenvolverase no campo de fútbol As Carrelas de 9:30 a 14 horas

 

Santiago de Compostela, Ribadeo, Sanxenxo e Viana do Bolo. Son as únicas localidades galegas que acollerán neste 2021 o campus de verán do Atlético de Madrid, actual campión da Liga Santander.

Dende Pinchacarneira levaban anos intentádoo e este ano conseguían por fin, coa colaboración do Concello, que o campamento de fútbol do equipo colchoneiro, recalará por fin en Viana do Bolo.

Especialmente pensado para nenos e nenas de entre 5 e 16 anos, desenvolverase do 2 ao 7 de agosto no campo de fútbol As Carrelas, con actividades dende as 9:30 ata as 14 horas. Entre os obsequios estarán unha equipación completa do Campus, diploma acreditativo, recordos atléticos, fotografías e valoración técnica.

 

 

Desde a organización poñerase un autobús que sairá desde O Barco e terá parada na Rúa para todos os nenos da comarca de Valdeorras que desexen ir. Entre as medidas anticovid que tomarán, haberá un rexistro dos alumnos, toma de temperatura, limpeza da sola dos zapatos, de mans con xel hidroalcohólico e zonas reservadas en función dos grupos. Ademais todas as xornadas recibirán unha charla onde se lembrarán as normas para seguir. Todos os participantes deberán chegar xa vestidos coa roupa de xogo e unha botella de auga co seu número identificativo. Cada mañá terán media hora de descanso para un tentempié.

Dende o Club Atlético de Madrid aseguran que o seu campus de verán “axudará aos participantes a sacar o máximo rendemento das súas cualidades deportivas, ao tempo que aprenden e se divirten”, destacando que o obxectivos destes campus é “educar e formar -a través do fútbol- en valores aos nenos e xoves en idae escolar”, para o cal, da man do eequipo técnico “aprenderán os coñecementos e habilidades necesarios para seguir progresando día a día”.

Para máis información e contacto: campusatmgalicia@gmail.com / 656 487 890; e tamén: Pinchacarneira

Artigos relacionados

Back to top button