CulturaCulturaÚltima hora

Viana do Bolo acomete a sinalización intelixente dos bens culturais do municipio

Este proxecto suporá un investimento de 3.3342 € (financiado nun 65 % por Turismo Xunta de Galicia e nun 35% polo Concello)
Vista conxunta das Borreas de Caldesiños (Viana do Bolo)./ Foto: Carlos G. Hervella.

As terras de Viana do Bolo posúen un rico e moi diverso patrimonio arqueolóxico, ambiental, histórico e monumental. Un conxunto de recursos que “constitúe a base sobre a que o Concello pretende posicionarse como destino turístico”, asegura o seu alcalde, Secundino Fernández.

Xa durante o pasado 2018 este Concello realizaba un traballo de sinalización interpretativa da vila de Viana. Agora, dá un paso máis e neste ano 2019 pretende “sinalar outros elementos senlleiros do municipio creando unha serie de itinerarios autoguiados que permitirán aos visitantes percorrer os distintos puntos de interese recibindo unha información precisa e ben documentada sobre cada un deles”, comenta o rexedor vianés.

Este proxecto, denominado “Sinalización intelixente de bens culturais de Viana do Bolo”, está promovido polo Concello de Viana do Bolo e suporá un investimento de 3.3342 € (financiado nun 65 % por Turismo Xunta de Galicia e nun 35% polo propio Concello).

Para a mellora da sinalización faranse unha serie de traballos como a “documentación e redacción dos contidos. Traballo destinado a dotar de contidos pertinentes e ben documentados cada un dos paneis a instalar. Maquetación e ilustración dos mesmos de xeito que resulten atractivos para o lector”, adianta Secundino Fernández.

Ademais procederase á instalación de 5 paneis co resumo dos elementos de interese e “utilizarase o formato Directorio planimétrico cultural, no que se situarán naqueles lugares nos que os elementos de atracción de visitantes están constituídos por conxuntos monumentais coma no caso dos núcleos singulares Vila de Viana do Bolo (2), Bembribe, Quintela de Umoso e Grixoa”, continúa o alcalde.

Ademais instalaranse 14 placas interpretativas en aceiro inoxidable nos paramentos exteriores das edificacións de interese e editaranse tres planos guía, un por itinerario a crear: Vila de Viana do Bolo (conterá a información sobre os elementos de interese no casco histórico da capitalidade municipal),  Mina Romana das Borreas (conterá a información sobre a mina aurífera situada en Caldesiños) e patrimonio cultural.

Os elementos a sinalizar serán os seguintes:

– Bembibre Igrexa parroquial Placa interpretativa
– Bembibre Balneario Placa interpretativa
– Bembibre Aldea singular. 1 Planímetro cultural
– Fradelo Pazo de Fradelo Placa interpretativa
– Fradelo Igrexa parroquial Placa interpretativa
– Grixoa Igrexa parroquial Placa interpretativa
– Grixoa Pazo Placa interpretativa
– Grixoa Aldea singular Planímetro cultural
– Louzaregos Igrexa parroquial Placa interpretativa
– Pixeiros Igrexa parroquial Placa interpretativa
– Pradorramisquedo Igrexa parroquial Placa interpretativa
– Punxeiro Igrexa parroquial Placa interpretativa
– Quintela de Umoso Santuario de Umoso Placa interpretativa
– Quintela de Umoso Pazo de Umoso Placa interpretativa
– Quintela de Umoso Aldea singular Planímetro Cultural
– San Cibrao Igrexa parroquial Placa interpretativa
– San Martiño Igrexa parroquial Placa interpretativa
– Santa María de Pradocabalos Pradocabalos Placa interpretativa
– Solbeira Igrexa parroquial Placa interpretativa
– Igrexa de Sta María de Pinza Igrexa Placa interpretativa
– Viana do Bolo Vila Planímetro cultural

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close