En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Viana do Bolo celebra a Asunción e o San Roque

Ás 12:30h. deste xoves 15 de agosto a imaxe da Virxe da Asunción e de San Roque saían en procesión polas rúas de Viana do Bolo, acompañada por numerosas persoas e ao son dunha banda de gaitas da localidade. Deseguido, oficiábase a misa solemne na igrexa, cantada polo coro parroquial e durante a cal celebraba a súa Primeira Comuñón a nena vianesa Paula Salgado Conde.

Este 15 de agosto é un dos días grandes das festas patronais vianesas, que continuarán mañá cunha nova procesión, nesta ocasión, na honra de San Roque.

 

 

Nestas xornadas son moitas as actividades lúdicas e festivas que se veñen desenvolvendo en Viana, entre elas, non faltan, por suposto, as orquestras. Así para esta tarde e noite está prevista a actuación na Praza Maior de La Estación. Mañá soará a música da orquestra Gran Casino.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Paula celebraba a súa Primeira Comuñón neste 15 de agosto.

Artigos relacionados

Back to top button