Viana do Bolo celebra a “Semana do Libro” con contos, música e unha feira

Dentro da programación tamén se inclúe a presentación do primeiro libro da vianesa Nieves Fernández “Retrincos do Meu Ser” o 27 de abril

Presentación do programa da “Semana do Libro” en Viana do Bolo.

Con moitas e diversas actividades celebrará Viana do Bolo a “Semana do Libro”. Os seus actos comezarán o mercores 24,  co espectáculo “Contos para un mundo mellor” de Mamá Cabra e Diego Maceiras ás 18h. na Casa da Cultura. Así se anunciaba no acto de presentación do seu programa na mañá do 22 de abril no Concello, coa presenza do alcalde vianés, Secundino Fernández, da concelleira de Cultura, Graciela Diéguez, e da artista vianesa Nieves Fernández.

Entres as propostas da “Semana do Libro” tamén figuran a IV Feira do libro e libro de ocasión na praza Maior de Viana así como a peza “Catro Monos”, que se representará na mesma praza ás 18:30h. Vén da man da Tropa de Trapo en colaboración co Fundo Galego de Cooperación e Solariedade. Finalmente, ese mesmo día pero ás 20h. a artista Nieves Vidueira presentará o seu primeiro libro, “Retrincos do Meu Ser”, no salón de actos do Concello.

 

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies