CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Viana do Bolo celebrará o “Día da Muller Rural” con teatro, música, poesía e contos

 

Con motivo da celebración o vindeiro 15 de outubro do “Día da Muller Rural”, o Concello de Viana do Bolo en colaboració co centroco seu Centro de Información á Muller (CIM) organizará unha serie de actividades dirixidas a todas as idades.

Así, a fin de semana principiará con teatro da man da compañía ourensá Sarabela Teatro, que representará en Viana o seu espectáculo infantil e familiar “Noa no espello”, o sábado 5 de outubro ás 19:30h. na Casa da Cultura.

“O domingo (6 de outubro) contaremos coa música e poesía do compositor, guitarrista, cantante e galego Xoán Curiel, finalista en varias ocasións nos Premios Martín Códax da música”, explican dende o Concello. Será ás 20h. na Casa da Cultura.

Ademais a programación completarase con contacontos e obradoiros de promoción da igualdade impartidos nos centros de ensino vianeses.

Artigos relacionados

Back to top button