ConcellosÚltima horaViana do Bolo

Viana do Bolo celebrará unha festas patronais “atípicas”, por segundo verán consecutivo

O Concello suspende todas as actividades previstas nas que se poida controlar o aforo "nin garantir as medidas sanitarias ditadas pola Xunta"

As Escolas Musicais de Viana, nunha actuación neste verán, darán un pasarrúas o domingo./ Foto: Ares Pérez.

 

As festas patronais, na honra da Virxe da Asunción e de San Roque, serán, por segundo verán, atípicas debido á pandemia do Covid-19. “O Covid-19 non nos permite, por segundo ano consecutivo, festexar estas datas como a todos/as nos gustaría”, explica o alcalde de Viana do Bolo, Abelardo Carballo, nun aviso publicado onte.

Nel tamén explica que “sinto a responsabilidade de velar pola saúde da veciñanza. Debemos ser prudentes e, por iso, procédese a suspensión das actividades nas que non podemos controlar o aforo, nin garantir que se cumpran as recomendacións sanitarias ditadas pola Xunta de Galicia. Paralelamente tiñamos contratadas unha serie de actividades culturais e de ocio quevos imos ofrecer para alegrar un pouco estes días de festas. Actividades que se realizarán cumprindo con todas as medidas sanitarias e que serán suspendidas automáticamente se non se respectan as normas”.

Por iso, o rexedor pide a colaboración veciñal nas seguintescuestións: “cando se coloquen cadeiras para o público asistente ás actividades, está prohibido movelas dos sitios onde estean situadas”, non se poden “formar grupos nin aglomeracións de persoas que non sexan conviventes durante o transcurso das actividades”, “cando as bandas e grupos que actúan percorran as nosas rúas pedimos non seguilas no seu percorrido e desfrutalas a distancia”.

Abelardo Carballo lembra que “de todos e todas depende que poidamos levar a cabo as actuacións con normalidade”.

Programa de actos previstos nas festas patronais de Viana

 

Artigos relacionados

Back to top button