ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Viana do Bolo concéntrase contra a “violencia machista”

Este acto tiña lugar no mediodía do 23 de novembro no exterior do Concello

No mediodía do 23 de novembro tiña lugar unha concentración no Concello de Viana do Bolo con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, cuxa data oficial é a do 25 de novembro.

A esta mesma hora estaban convocadas concentracións en tódolos concellos (máis de 100) que participan na campaña “En negro contra todas as violencias”, entre os que está o de Viana do Bolo. “O obxectivo é encher as rúas e prazas galegas de negro en repulsa contra este tipo de violencia”, indicaban dende o CIM de Viana do Bolo.

Durante a concentración repartíase material desta campaña como chapas e camisetas para “facer máis visible o lema deste ano: VIANA EN NEGRO”.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button