CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Viana do Bolo concéntrase “Por todas as mulleres, por todos os dereitos” no 8M

Entre pancartas e cantos, as vianesas tomaban a rúa na mañá deste 8 de marzo, Día Internacional da Muller e xornada de folga feminista, para reivindicar os dereitos das mulleres.

Concentrábanse na praza Maior da vila nun acto no que participaban persoas de diferentes idades. Entre as pancartas que portaban destacaba unha co lema “Por todas as mulleres, por todos os dereitos”.

Fotos: Iria Villar Díaz e Sara Feijóo Primo

Artigos relacionados

Back to top button