ConcellosÚltima hora

Viana do Bolo, cos índices delictivos máis baixos da provincia

Os datos dábanse a coñecer tras a Xunta Local de Seguridade celebrada o 9 de xaneiro neste municipio do oriente ourensán

 

Imaxe da Xunta Local de Seguridade de Viana do Bolo celebrada o 9 de xaneiro.
Imaxe da Xunta Local de Seguridade de Viana do Bolo celebrada o 9 de xaneiro.

“Aínda que os resultados amosados hoxe son positivos, debemos seguir traballando coordinadamente tódalas Forzas e Corpos de Seguridade para manter estes extraordinarios índices de delincuencia e si é posible, melloralos”. Así o aseguraba o subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro, tras a reunión da Xunta Local de Seguridade de Viana do Bolo da mañá do 9 de xaneiro na que se poñía de manifesto que este municipio mantén os índices delictivos máis baixos da provincia de Ourense.

Nesta xuntanza, que foi co-presidida por Roberto Castro e polo alcalde vianés, Andrés Montesinos; os representantes das diferentes Forzas e Corpos de Seguridade, da Unidade de Violencia de Xénero e da Policía Local foron dando conta dos informes en materia de seguridade que amosan que a tendencia en Viana á baixa é una constante “dende o ano 2013, cando se contabilizaron que a totalidade de delitos e faltas se recortaran un 33,3 %; sendo máis acusado este descenso nos delitos, cunha baixada dun 60%”, segundo os datos facilitados dende a Subdelegación do Goberno en Ourense. Ademais a porcentaxe de esclarecemento da totalidade das infraccións penais supera o 75%.

 

Na xuntanza tamén se abordaba o dispositivo de seguridade na vila durante as festas do Entroido.
Na xuntanza tamén se abordaba o dispositivo de seguridade na vila durante as festas do Entroido.

Outro dos puntos que se abordaba nesta xunta local era o das previsións de seguridade para o Entroido de Viana, declarado festa de interese turístico galego, para o que se estableceu un dispositivo de seguridade cidadán no que participan as diferentes Forzas e Corpos de Seguridade e a Policía Local.

Esta era a primeira reunión celebrada pola Xunta Local de Seguridade de Viana despois da súa constitución hai un ano, o 26 de febreiro de 2014.

Artigos relacionados

Back to top button