ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Viana do Bolo, de festa oitenteira

Multitude de persoas responderon a esta festa temática con propostas como un mercadiño, unha ruta de viños polos bares e unha verbena

A atmósfera, a indumentaria e os ritmos dos anos oitenta envolvían a vila de Viana do Bolo na xornada do 13 de agosto. A iniciativa partía dun grupo de veciños da localidade e, ademais do carácter festivo da cita, pretendía ser unha homenaxe aos propietarios da antiga distoteca Cambey, que funcionaba naquela época en Viana. “Era un pouco un memorial, un revival, un volver a recordar aqueles tempos”, sinalan dende a organización.

As actividades comezaban pola tarde e tiñan como escenario principal a praza Maior. Así a partir das sete instalábase un mercadiño e, posteriormente, comezaba unha ruta de viños polos establecementos de hostalaría vianeses, nos que con cada consumición se servía tamén un pincho. O resultado foi todo un éxito e de feito esgotáronse as entradas previstas inicialmente polos organizadores. Numerosas persoas, boa parte delas peinadas e vestidas ao estilo dos oitenta percorrían os diferentes locais animando o ambiente na vila.

Xa a medianoite comezaba a verbena na praza Maior, na que non faltou a música oitenteira, e que se prolongou ata case ben entrado o día. E todo en medio dunha gran animación e un moi bo ambiente. Dende a organización fíxose unha valoración moi positiva desta primeira festa temática dos 80 e barállase a posibilidade de darlle continuidade no próximo verán.

Texto: A.R. Fotos: Carlos G. Hervella
(Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button