ConcellosÚltima horaViana do Bolo

Viana do Bolo despide a Carlos Isidro Rodríguez

 

Con moita tristeza se vivía en Viana do Bolo o repentino falecemento na tarde do 7 de setembro dun dos seus veciños, Carlos Isidro Rodríguez Álvarez “Lumis”, militante nacionalista e esposo da concelleira do BNG vianesa Graciela Diéguez. Numerosas persoas visitaban ao longo deste 8 de setembro a súa capela ardente, no Tanatorio de La Soledad, da vila vianesa.

Entre as persoas que acudían a darlle o seu pésame á familia estaban a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, a deputada galega por Ourense Noa Presas, entre outros representantes políticos, tanto locais como doutros concellos limítrofes.

 

Artigos relacionados

Back to top button