ConcellosÚltima horaViana do Bolo

Viana do Bolo dotará de banda ancha aos seus núcleos de poboación

 

Torre da homenaxe de Viana do Bolo./ Cedida.

 

Viana do Bolo é un dos dez concellos participantes nun proxecto promovido polo GDR Sil-Bibei-Navea para lograr a implantación de internet de banda ancha ultrarrápida aos seus núcleos de poboación. Dentro desta iniciativa o vindeiro 19 de novembro ás 19h. terá lugar unha reunión na Casa da Cultura de Viana para informar á veciñanza do funcionamento, custo e dinámica do servizo.

A reunión correrá a cargo da empresa que ten o contratado adxudicado, Itegal, que disporá dunha oficina técnica e de asesoramento na vila de Viana do Bolo, tal e como se informa dende o Concello.

Artigos relacionados

Back to top button