Aínda de forma diferente, o Entroido comezaba a sentirse en Viana do Bolo neste Xoves de Compadres. As propostas lanzadas a través das redes sociais dende o Fulión Alternativo desta vila tiña unha boa acollida e ata 29 lardeiros aparecían en diferentes lugares da vila: algúns en balcóns, outros en fiestras, en escaleiras… Un total de 29, que poden verse nesta páxina. Todos eles terán opción de entrar nun concurso de Lardeiros e Lardeiras que vén de convocar este mesmo folión.
“Estamos moi contentos coa resposta que houbo, xa sexa por seguir a nosa iniciativa ou xa sexa porque algunha persoas xa tiñan pensado, por iniciativa propia, facelo”, comentan dende o Fulión Alternativo, que agradecen a gran acollida das propostas.
Tamén houbo fariña entre conviventes e mesmo que apostou por porlle un toque carnavalesco no traballo neste Xoves de Compadres.
Todas as fotos son cedidas polo Fulión Alternativo de Viana do Bolo.